Despois de que o reloxio tocou as trece badaladas, xa fose por eso, xa
polo perigo que correra a vida do Leonardo no lousado da igrexa, a festa
esmoreceu un pouco. A xente comendo nas sardiñas, pero xa sen as ganas
de leria e festa que tiña ó primeiro. Así que pouco tardou en rematar,
e foise retirando cada un á súa casa, e xa nela cadaquén á súa
cama. Só quedaron uns poucos mozos, deses que nunca teñen festa
dabondo, que nunca cansan.
Os rapaces regresaron cada un acompañado dos
seus. Antes estiveran a falar e víaselles algo defraudados polos nulos
resultados que dera a experiencia daquela noite para a solución do
caso. Sería porque chegaran a pensar que xa tiñan nas mans unha
explitación para o suceso, e que, ó te-Ia oportunidade de vixia-la
xente que había no adro, colleran a seguranza de descubri-lo autor.
Conxugaron tódalas posibilidades de
identificalo, pero ningún sospeitoso había que se puidese dicir que o
era máis cós outros. Por un momento déronlle voltas á posibilidade
de que ó Leonardo lle pasara o que lle pasou porque había alguén no
campanario que o empuxara, pero Pedro falou con el e co Peón e os
aseguraron que non había ninguén. Despois estiveron a falar da
posibilidade de que empregase mandos a distancia, ou estraños
artiluxios electrónicos para facer toca-la campá. Xa non eran quen de
lle dar outra explicación.
Para o outro día pola mañá, como consecuencia
de se deitaren tarde a noite anterior, tamén se ergueron tarde, ou polo
menos máis tarde do que tiñan por costume. E Cristina, que xa de
sempre fora a máis dormitona, non estaba aínda de pé cando foron
chegando os seus amigos ata a súa porta.
Agardando por ela, os máis estiveron a falar.
Seguían algo desesperanzados, e ata o Delio chegou a propoñer que
abandonasen: dicía que cando se cansase de tocar, xa pararía. Os
outros non estaban dispostos a deixa-lo asunto así polas boas, anque
tampouco sabían por onde tirar agora.
Non tardou en aparecer Cristina pola cociña da
súa casa para almorzar, e xa viu os seus amigos pola fiestra.
Metéranse todos cara a parte traseira da casa.
Alí había un alpendre no que gardaba o auto o pai de Miguel e
Cristina, e por un lado do alpendre, había un banquiño no que se
sentaban tódalas tardes de sol a nai dos rapaces e outras mulleres a
falar e calcetar. Alí foi onde se sentaron os catro amigos serios e
pensativos. Enfrente deles había un aramio onde se colgaba a roupa a
enxugar, e nel, agarrado cunha pinza da roupa, había un sobre. Elisa
foi a primeira en velo. Ergueuse de súpeto e foi a correr ata o aramio,
colleu o sobre e volveu con présa a onde estaban os seus compañeiros.
¡Ollade que hai aquí!
Era un sobre que pola parte de diante poñía "Cristina" e
pola parte do remite, tiña un signo de interrogación metido dentro
dunha paréntese.
¡Unha nova pista! exclamou Delio.
¿Abrímolo? preguntou Miguel con impaciencia.
O sobre ven dirixido a Cristina advertiu
Pedro. ¿A ti nunca che
dixeron que non se debe abrir unha carta destinada a outro?
Pero xa todos sabemos de quen é. É máis, anque
poña
"Cristina", é para todos, ¿ou a ti nunca che dixeron que o
que hai no sillín da miña bicicleta é para min, e mais foi para todos?
Aínda con todo, a carta ven dirixida a Cristina e ela será quen a
abrirá. Voulla levar.
Ergueuse Pedro para ir dentro da casa, cando Miguel lle fixo un aceno de
que parase.
Déixate estar onde estás, que Cristina está na
cociña almorzando e
alí está tamén miña nai, e non é cousa de que se enteren os grandes
das nosas cousas. Agora que, se ti queres irlle levar unha carta a
Cristina diante da miña nai, alá ti. O que vai pensar ela é que,
agora, carteádesvos.
Cando Miguel escomezara a falar, Pedro parou ollando para
el, pero cando
escoitou esta última frase, entón sentouse de novo, disposto a agardar
a pesar da curiosidade que sentía por coñece-lo contido do sobre.
Mentres non chegou Cristina, os rapaces déronlle voltas ó sobre a
tódolos xeitos. Recuperaran o optimismo, e volvían a estar interesados
en lle dar solución ó misterio da badalada número trece. Novamente
confiaban en dalo resolto eles sós.
Cando viron vir a Cristina, todos foron cara a ela. Pedro levaba o sobre
na man.
¡Fíxate Cristina, outra mensaxe!
Colleu a rapaza o sobre visiblemente satisfeita de ter novos
camiños de
investigación. Explicáronlle que non o quixeran abrir por estar
dirixido a ela, e respondeulles que en realidade era de todos, porque o
que os mandaba, se sabía que ela estaba interesada en descubrilo,
entón tamén tiña que saber que estaban traballando todos xuntos.
Abriu o sobre e tirou
del varias follas de papel. Eran cinco fotocopias
dunha páxina dun libro. A páxina 132. O dous estaba rodeado dun
círculo, probablemente feito cun rotulador, e ó lado do dous, tamén
metido dentro do círculo, había un "a" minúsculo. Despois
viña o texto que Cristina leu en voz alta e dicía así:
O zorriscallo andivo
refiscado
toda unha noite naquel landafou.
Pola marruleta nada lembrou,
e ta o mesmo testo tiña rosanado.
Un amigo naquela marruleta,
veu velo e piscoulle na fasida.
iPasa! lifou de dentro con tanida,
e o amigo cabutiu na cufoseta.
O amigo, que era un bo caburnaxo,
grande e tolán, pero agora amucido,
deulle ó zorriscallo un liño tecido
para que fixera dous nos e un taxo.
Lifando que se ten cinco distintas,
sería pen rifa-la segunda.
Pero cando foi relica-la munda,
ouirava e no fido resilas.
Pero cando o zorriscallo camexe,
xa sera mañá, e un noco haberá,
que debenante e lorxo sairá,
e o zorriscallo sinda quen o talexe.
(?) |
A lectura estivo continuamente interrompida polas risas dos rapaces que
cada pouco tiñan que parar porque o texto que estaban a ler facíalles
moita gracia.
Miguel que, a cada nova mensaxe, sempre lle vira á cabeza un autor que
el intuía polo estilo, tamén atopou un para lle adxudicar este.
Isto é cousa do Tolo de Caslón, porque a ninguén, que non sexa el,
se lle pode ocorrer semellante cousa.
Se non fose que o Tolo de Caslón non sabe ler nin escribir, a túa
idea polo demais podería valer dixo Delio ríndose.
Cristina estaba lendo novamente o poema. Cando rematou, deulle a volta
ó papel e polo outro lado, escrito á man poñía: "MENSAXE
TERCEIRA XA POUCO FALT (?)".
Moi ben, amigos, a traballar, que hai que descifrar esta mensaxe, e
parece que non vai ser doada.
¡Pois a ver quen saca algo de aquí! dixo Pedro ollando fixamente o
papel. Non sei se haberá unha ducia de palabras que se entenda.
É que isto non ten sentido ningún falou Elisa con
desalento. Isto
é unha toleada completa.
¡Agarda! exclamou Pedro de súpeto. Lémbrome eu que o mestre
falounos de algo parecido a esto cando nos dixo que léramos
"Alicia no país das maravillas" e máis outro libro que
tamén se chamaba algo de Alicia, pero que eu non cheguei a ler. Alí
había cousas e nomes así, inventados.
Quedou Cristina pensativa despois de escoitar a Pedro. Os outros rapaces
ollaban para ela agardando a ver que decidía facer. Por fin falou:
Tes razón, que algo lembro eu diso tamén. Eu lin os dous libros de
Alicia. Entón o que temos que facer é falar co mestre a ver se nos di
algo que nos valla para descifra-la mensaxe.
Pois imos á escola, que aínda están os mestres nela.
Teñen
tódolos días xuntanzas non sei para que dixo Delio.
Seicho eu
comentou
Miguel. Están a prepara-Ia maneira de nos
amola-lo ano que ven aínda máis do que nos amolaron este.
Déixate de lerias, Miguel
recriminouno Pedro.
Veña collémo-las
bicicletas e imos aló a escape.
Agarda
detívoos
Cristina. Temos que ir ó banco a ver se nos fan
outra fotocopia do papel sen que nel se vexa este redondel ó redor da
última cifra e da letra. Así tampouco se verá o que hai escrito por
detras.
Tes razón. Vou eu
dixo Elisa.
Pois pídeslle que che fagan unha fotocopia deste papel, e dóbralo
así explicoulle Cristina dobrando o papel de tal maneira que quedaban
para atrás o número da páxina e a letra posta ó lado do dous.
Mentres os outros foron polas bicicletas, Miguel foi pola de Elisa para
que non tiveran que perder tempo despois.
Volveu Elisa coa fotocopia. Gardaron as outras no sobre no que
viñan, e
acordaron que fose Pedro o que falase co mestre, para evitar
indiscrecións que fixesen pensar a este no que estaban a facer.
Era o mestre home barbado, de boa talla e trato agradable. Era un dos
máis apreciados polos rapaces todos da escola, cos que nunca, nin nos
casos máis delicados acostumaba a usar acenos bruscos ou berros
desabridos. Chamábase Odón e era o home para a consulta que lle
pretendían face-los rapaces, polo moito que sabía sobre libros para
eles, dos que sempre lía antes de lles falar ós rapaces deles, os que
saíron novos, a mais do seu grande amor e coñecemento dos clásicos da
literatura para nenos.
Chegaron os rapaces á escola e de seguida deron con el, que lles pregou
que agardase un anaquiño a que rematase de falar co pai dun rapaz que
estaba con el. Agardaron os rapaces sentados nun banco que había diante
da porta da escola, e valeulles este tempo para se poñer de acordo no
que lle dirían.
Cando Odón volveu, Pedro díxolle que se lembrara de cando
lles falara
de "Alicia", e por eso querían preguntarlle que sería aquel
poema que lle amosaban.
Tomou o mestre o papel e leuno con atención. Despois preguntoulles de
onde o sacaran.
Atopámolo
mentiu
Pedro. ¿Que lle parece que é?
Desde logo que se trata dun poema "nonsense" que xa sabedes
que quere dicir que aparentemente non
ten sentido, pero na realidade, si que o ten. O que ocorre é que eu non
o coñezo, non sei dicirvos nin autor, nin obra, se é que pertence a
algunha obra publicada. Ata non sabería dicir se se trata dun poema
enteiro ou se é un fragmento, anque eu diría que é a última parte
dun poema máis longo. ¿Que máis queredes saber?
Vostede dixo que anque non o
pareza, ten sentido, pero nós non entendemos nada. ¿Como é iso?
Polo xeral estes textos
"nonsense", respondían a un léxico inventado polo autor; non
sabendo cal é o significado que lle deu a cada palabra que inventou,
non se pode saber que quere dicir. Agora ben, como vedes, hai palabras
que pertencen ó noso idioma, palabras coñecidas, por aí é polo
único sitio onde se podería entrar algo no poema.
Resumindo
?falou
Cristina?, que
parece que se trata dun fragmento dun poema máis longo, pero sen
sentido para quen non coñeza determinadas claves. Que para que teña
sentido hai que atopar esas claves e, dándolle un significado a cada
palabras inventada, entenderíase.
Eso é todo canto vos podo dicir,
se mo deixades podo intentar sacarlle algo máis, anque o vexo difícil,
porque ó mellor non é nin un poema orixinal, senón unha tradución, e
entón, amais do autor, tamén está a invención do traductor, que o
complica máis.
Non, deixémolo así
?falou
Pedro?.
Tampouco ten tanta importancia o conto. Moitas gracias, Odón.
Nada rapaces, non hai que dalas. O
que sinto é non vos poder axudar máis.
Despedíronse todos do mestre e, collendo cadansúa bicicleta,
regresaron á casa de Cristina. Polo camiño non falaron entre eles, en
parte porque non se lles facía azoso indo nas bicicletas en fila pola
man dereita da estrada, e en parte porque, a dificultade da
interpretación da nova mensaxe, tíñaos preocupados.
Cando chegaron non se foron ó cuarto
de detrás da cociña como tiñan por costume cada vez que precisaban
traballar nunha nova mensaxe, senón que se foron sentar nun banco que
había do outro lado da estrada, mesmo enfrente da casa de Cristina.
Alí daba o sol da mañanciña e estábase moi ben.
Antes de falar do poema e das
dificultades que lles presentaría o interpretalo, estiveron a
comenta-las obrigas que terían polo día, única maneira de sabe-lo
tempo do que dispoñían para lle adicar á mensaxe.
Hai que tratar de interpretala hoxe
?dicía
Cristina, porque pode conter algo que
mañá non teña validez.
Así que o mellor vai ser que os que tedes máis tempo libre, lle
adiquedes todo canto poidades, e os que temos algunha cousas que facer
na casa, tratar de facela axiña e ben, para poder aproveita-lo máximo
de tempo posible.
Delio, Miguel e mais eu
?dixo
Pedro?, podiamos ir para a
miña casa e traballar no meu cuarto. Alí
podiamos facer intentos de escribilo doutras maneiras, ata que teña un
xeito.
Pois mentres eu fago os labores que
teño que facer, tamén irei pensando no asunto. Pero eu tamén teño
cousas que facer na casa, que deixei a miña cama sen facer. ¿Despois
vou para a túa casa, Pedro? ?preguntou Delio.
En canto remates mesmo
respondeulle Pedro.
¿E eu cando acabe, vou onda eles? preguntou Elisa.
Non
contestoulle
Cristina será
mellor que veñas á miña casa, ou que vaia eu á túa, tanto ten. Así
formaremos dous equipos de traballo para a mañá, e xa nos xuntaremos
todos pola tarde.
Pois entón ven ti á
miña casa,
non vaia recelar túa nai de nos ver tanto metidos no cuarto de atrás.
Todo aclarado no tocante a como nos
repartir para traballar, pero, ¿por onde empezamos? ¿Que facemos co
condenado poemiña? preguntou Miguel que se vía impotente de
resolvelo.
Eso é ben doado
respondeulle
rápidamente Delio, como non temos idea do que hai que facer, podemos
empezar por onde queiramos, que neste asunto, calquera sitio pode se-lo
principio.
Despois de quedar de acordo nunha
hora para pola tarde, despedíronse os rapaces e cada un partíu na
dirección que lle correspondía: Miguel e Pedro para a casa deste, e os
outros cada un para a súa.
Naquela mesma hora, Xes estaba na
botica con don Anxo; como non había daquela moita xente, e a pouca que
había estaba a atendela unha sobriña do boticario que vivía con el e
tamén lle axudaba a despachar, estaban os dous na rebotica a falar,
costume que tiñan desde que Xes chegara a Eiranova, que, anque non era
diaria, non había semana na que non botasen, polo menos, dúas ou tres
parrafeadas na botica.
Pois eu non estou de acordo en deixa-lo conto así
estaba a dici-lo
boticario. Se está tan seguro de que é alguén que toca a campá con
algún sistema de control a distancia, haberá que face-lo posible por
descubrilo.
Escoite, don Anxo, nisto haille que
facer como se lles recomenda ós nenos que fagan cando chegan á casa
dicindo que outro neno lles chama isto ou aquilo, que sempre se lles di
que non fagan caso, que cando o outro vexa que non se lle dá
importancia, xa non lle terá chiste e non llo chamará máis.
Home
?repuxo don
Anxo?, eu non digo
que haxa que perseguilo como se fose un ladrán, ou estivese cometendo
un delito, pero tampouco deixalo que faga o que lle dea a gana e estea
aí ríndose dun.
Eu penso que o fai por nos gastar
unha broma a todos, e cando vexa que xa non nos ten preocupados o
asunto, vaino deixar. Xa verá como de seguida xa non nos lembramos
máis da campá, do reloxio e de toda a leria que se quixo montar con
esta badalada a maiores.
E quedaremos sen saber nunca quen
foi o que o facía, ata que dentro dun certo tempo, escomecen todos a
dicir que foron eles para se dar importancia.
Iso que me di, xa é outra cousa.
Entre as moitas eivas e faltas que teño, non lle está a da
curiosidade. Cando isto remate, eu non terei máis interés en saber
quen foi, do que teño en saber como se chama o home que fixo esta caixiña que hai
aquí
dicía o crego mentres collía da mesa unha caixiña de medicamentos que nela había.
Riuse o boticario ó se decatar de
que o crego lle puxera de manifesto a causa última do seu interés por
coñece-lo autor da décimo terceira badalada: a curiosidade.
Despedíronse ata á próxima horiña de conversa, e Xes saíu da botica.
Os rapaces levaban xa un anaco grande debruzados sobre o papel que
tiña
aquel estraño poema, dándolle mil e unha voltas sen lle atopar un
sentido que lles puidese revela-lo obxecto principal da mensaxe.
Déranlle volta ó poema e puxeran tódalas súas palabras do revés,
letra por letra, e nada de proveito obtiveran. Fixeran o mesmo sílaba
por sílaba con resultados comparables. Fixeran tódalas combinacións
posibles para tirarlle algún acróstico, e nada. Escribiron nun papel
tódalas palabras da que coñecían o seu significado e, tampouco nada.
Non pasaran menos traballos as nenas
co poema, e non tiveran máis éxito do que acadaran os seus amigos.
Cando chegou a hora de xantar, uns e
outras estaban fartos de traballar e desalentados polos nulos resultados
obtidos. Cada un foi para a súa casa, pola tarde xuntaríanse para
contrasta-los achádegos de cada grupo.
Pola tarde non se puideron xuntar despois de remata-lo xantar, tiveron
que facelo ó redor das catro da tarde, porque agora era Pedro o que lle
tiña que axudar a súa nai, Cristina tivo que lle ir a un recado a seu
pai, e a Miguel tocáballe axudar a frega-los pratos.
Cando se viron todos xuntos e se comunicaron os poucos resultados
positivos que tiñan entrámbolos dous grupos, quedaron por un intre
desanimados, pero de seguida Iles deu alentos Cristina dicindo que a mañá fora productiva no sentido de que xa podían desbotar toda unha
serie de xeitos de interpretación que non valían. Alí tiña que haber
algo interpretable, porque sempre o había en tódalas mensaxes, así
que había que se poñer a pensar novamente. Como técnica de
traballo, Elisa dixo que o mellor era que cada un dixese o que levaba
feito, desa maneira desbotarían unha serie de camiños, tal e como
Cristina dicía. Así comprobaron que ámbolos dous grupos fixeran,
máis ou menos, as mesmas cousas. Había que procurar camiños novos.
Fíxose un silencio que rompeu Elisa
algo nerviosa e, case atropelándose nas palabras.
¿Dádesvos conta que, tanto uns
coma outros, esquencímonos por completo dos números?
¿De que números??preguntou Pedro
extrañado.
Dos que están enriba. En especial
dos que teñen o redondel.
¡Certo! exclamaron Delio e Miguel
a un tempo.
Pois hai que pensar neles
dixo
Cristina. Hai que ver que poden significar.
Aparentemente, os números,
deixando a un lado o da raia que os arrodea, falou
Pedro, son números
da páxina. Esto non significa nada para nós, por tanto o segredo debe
estar no dous e mais no "a" que hai ó pé do número.
Volveron a coller cadanseu papel e
permaneceron un anaquiño ocupados na súa contemplatación. A primeira
en falar agora foi Cristina.
Hai que escribir tódalas segundas palabras que
teñan un
"a" ¿A ver que sae?
Fixeron o que a rapaza dixo, pero o que obtiveron non os deixou
satisfeitos.
Optaron despois por escribir tódalas
palabras que tiveran "a" como segunda letra, e tampouco
sacaron nada que lles tivera significado. Por último, decidiron
escribir nun papel tódalas palabras que tiveran dous "as".
Esta foi a maneira en que sacaron unha frase que tiña sentido, algo que
podían entender. ¡Aquela era a auténtica mensaxe!
Pois se non ía pasar nada
?comentou
Miguel?, tamén puido deixa-la cousa como estaba, e
aforrabanos moitísimo traballo.
Non pasa nada hoxe, pero si que
pasará mañá aclaroulle Pedro.
Iso é o que hai que saber. ¿Que
sairá mañá? falou Cristina ó tempo que reflexionaba nas cousas que
sairían ó outro día.
Mañá sairá o sol
ceibou Miguel
con aire de descubrimento.
E a lúa.
¿E que
máis? inquiriu Cristina.
Seguide a dicir cousas que saen mañá.
E o xornal.
¡Iso é!
exclamou Cristina moi
leda.
¡Mañá sae "AS NOVAS DE EIRANOVA"! ¡Non pode ser outra
cousa!
¿E por que non pode ser noutro xornal?
Ten razón Cristina, ten que ser en "As novas de Eiranova",
porque estiveron antonte rematando de facelo, e noutro xornal ninguén
pode te-la seguridade de que lle poñan o que el queira afirmou Pedro
cos ollos fixos nos de Cristina.
Este sempre lle dá a razón a
miña irmá anque diga unha parvada riuse Miguel arredándose algo de Pedro
por se lle caía unha labazada ¡Que bárbaro, como fita!
Efectivamente, Pedro respondeu ó
broma de Miguel cunha ollada dura, pero nada lle dixo. Despois ollou os
outros agardando que o confirmasen no que acababa de dicir. Todos
asentiron, máis ou menos, amosando a súa conformidade con que sería
no xornal que quincenalmente se editaba en Eiranova.
|